A
Enciclopedia Galega Universal é unha obra de carácter
analítico ordeada alfabéticamente e dividida en artigos
ou entradas.
Todas as entradas teñen a súa correspondencia en portugués,
castelán e inglés, ademais da etimoloxía, ou procedencia
doutras linguas como latín, grego, francés, italiano,
etc.
A EGU achega as últimas tendencias no tratamento das ciencias
sociais e as humanidades, as que aborda con enfoques novidosos.
Dedícase especial atención a disciplinas como a historia,
antropoloxía e etnografía, arqueoloxía, arte e
patrimonio cultural, filoloxía e lingüística, paleografía
e epigrafía, arquivística, heráldica, música,
educación, literatura, teatro, deportes, etc.
Novas disciplinas como o cine, literatura infantil e xuvenil, publicidade,
deseño, informática, política, turismo, gastronomía,
etc. teñen un espacio fundamental na EGU.
A EGU constitúe unha fonte excepcional de consulta sobre a labor
das personalidades vivas vinculadas aos diferentes eidos da actividade
profesional e artística de Galicia.
No tratamento da lexicografía introdúcense tres campos
que resultan un tanto inusuais en obras desta envergadura como son os
sinónimos, os antónimos e as confrontacións.