Liña de publicacións coas novidades da narrativa galega para o público adulto, seleccionadas entre os autores e os relatos máis orixinais do momento.

Uvas e granito (Unha viaxe por Galicia)

Nina Epton. Tradución de A. e F. Fernández del Riego
ISBN: 84-7680-150-5
N paxinas: 322 pp.
Prezo: 11,09 €

Na metade da década de 1950 unha aventureira británica desembarca nun porto galego á percura de novas experiencias. Nina Epton non sabía que ía facer a máis fantástica crónica de viaxes por Galicia, un país a medio camiño entre o pasado e a necesidade de ter futuro. Coñeceu e tratou a ilustre xeración sobrevivente do Partido Galeguista, interpretou a xente do país como ninguén, entrou na paisaxe, nas texturas e nas cores. Deixou escrito: "moito do feitizo de Galicia é indescritible".
volver

Mercar este libro na tenda de Ir Indo