02.06.2010
Descatalogado o libro ''Ferrol mar adentro''
Dende hoxe queda fora de catalogo o libro Ferrol mar adentro.
.........................
07.07.2009
Xeometrías máxicas de Galicia
Ir Indo ven de presentar o libro Xeometrías máxicas de Galicia de Bieito Romero, con gran éxito de público e crítica, moitos medios como "La Voz" fanse eco desta presentación e do excelente contido desta obra.
Ver contidos do libro
Ver noticia da Voz
.........................
13.05.2009
Presentación do libro "De las tinieblas a la luz" de Antonio J. Balboa Toba
O próximo Venres 22 de Maio as 20.00 horas, no Corte Inglés da Coruña, presentaráse o libro "De las tinieblas a la luz" de Antonio. J Balboa Toba, no acto intervirán Bieito Ledo; Xosé Luís Vilela e o propio autor.
.........................
03.12.2008
Presentación do libro Gatos de Moncho Borrajo
Este xoves, día 4 de decembro, ás 20:30 horas, no Salón Regio do Circulo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo presentarase o novo libro de Moncho Borrajo, Gatos; no acto intervirán D. Xelasio Suárez Santiso (Xerente de Ir Indo Edicións) e o propio autor. A entrada é libre.
.........................
21.11.2008
Novidades no catálogo de Ir Indo, Historia das historias da escola e Pel de muller
"Historia das historias da escola"
Poderiamos afirmar, sen temor á equivocación, que Ventoso Mariño divide o seu mundo narrativo en dúas grandes esferas, a da educación e a do mar; e que en moitas ocasións estas esferas se entremesuran conformando marabillosas historias de aprendizaxe, superación e amor. O mestre e o alumno comparten o protagonismo á par do mariñeiro que ensina ao seu neto os segredos do mar. Velaí a clave destes relatos que o autor debuxa coa mestría á que nos ten afeitos.

"Pel de Muller"
Despois dalgúns anos, Ir Indo Edicións recupera a súa liña poética dando voz a unha nova creadora, Asun Estévez. Nos versos desta voz feminina, cheos de referencias aos distintos elementos da natureza, como o mar, a auga, o vento ou a chuvia, tamén está presente o “eu” poético, que acariña a presenza do amor personificado no tempo, na noite ou no silencio. A loita da alma por aferrarse á vida, na súa batalla contra a enfermidade, aparece narrada dunha forma anovadora, como a sombra dos primeiros aires do inverno na herba dos campos.
.........................
26.09.2008
"O Galego. Aproximacións á súa historia, sistema lingüístico, dialectoloxía e usos" e "Galicia. Xeografía, historia e cultura", novidades editoriales de Ir Indo

"O Galego. Aproximacións á súa historia, sistema lingüístico, dialectoloxía e usos"
Esta obra nace do traballo que ao longo de máis de oito anos deu como resultado a Enciclopedia Galega Universal, obra colectiva na que traballaron un gran número de persoas. Partindo da voz “ galego “ nace o presente libro coa idea de recomponer o material e obter unha visión de conxunto sobre a lingua galega, a súa historia , sistema lingüístico, diacteloxía e sociolingüistica, que polo xeral, son aspectos que se poden encontrar en diferentes obras, pero ás que raramente se pode acceder nun só traballo.

"Galicia. Xeografía, historia e cultura"
Na Enciclopedia Galega Universal (EGU), a entrada Galicia é a máis extensa. Partindo deste traballo, naceu a idea de xuntar este material, e o que por falta de espazo non poido entrar, para desta maneira dar unha múltiple visión de Galicia. Estructúrase en dous grandes apartados: XEOGRAFIA: cun análise do medio físico e das actividades que nel se desenrolan; HISTORIA E CULTURA: cunha visión dos diversos periodos da historia galega, que ten como novidade, a inclusión dunha analise das súas manifestacións culturais, etnográficas, xeográficas, históricas, artísticas, fotográficas, políticas, económicas, etc…

www.irindo.com/editorial/coleccions.php?cid=64
.........................
26.05.2008
Ir Indo, Novos títulos
Ir Indo Edicións presenta tres novos títulos que se engaden ó seu fondo e que xa están a disposición do público para a súa venda. Son tres manuais dirixidos ao profesorado, que suxiren unha ampla listaxe de propostas para aproveitar os contos populares, as lendas e as adiviñas como recurso didáctico nas aulas.

OS CONTOS: Este libro diríxese fundamentalmente ó profesorado, nel preséntanse numerosas propostas prácticas para desenvolver na aula distintas habilidades relacionadas cos textos escritos desde a utilización dos contos populares galegos como recurso didáctico.
Os contos populares como manifestación da narrativa popular transmitida de xeración en xeración teñen un grande valor educativo xa que os nenos e nenas viven e síntenos como reais por moi fantásticos que sexan. Os contos producen unha especie de encantamento que provoca unha corrente de confianza entre o docente e o alumnado e son un excelente recurso para estimular o vocabulario, a atención, e o mundo socio-afectivo é como consecuencia a personalidade do alumnado.
No libro expóñense diversas actividades pensadas para traballar cos contos: a recolleita, e re-escritura, a produción, a dramatización, a compresión ou a estimulación da expresión oral.

AS ADIVIÑAS: É un libro sobre un dos xéneros da literatura popular galega: as adiviñas. Estas, as adiviñas, son xogos lingüísticos, composicións, que, partindo dunha definición, descrición, narración,... intelixente á vez que ambigua, confusa ou imprecisa, propón descubrir algo. A presente edición está dividida en varios apartados ou partes:
- Nunha primeira parte defínense e analízase resumidamente o tipo de texto e a súa estrutura, para nunha segunda parte achegarse a unha posible clasificación.
- A continuación, no apartado máis amplo do libro, fanse variadas propostas de traballo para as diferentes etapas e niveis do ensino. Hai actividades co recitado, coas solucións, coa estrutura textual,… hai actividades para inventar, para xogar, para investigar,…, hai secuencias de actividades e mesmo un proxecto.
- Para finalizar, o libro recompila tamén, agrupándoas por tema, unhas poucas adiviñas tradicionais e populares, xeralmente anónimas, e outras de autoría coñecida.

AS LENDAS: O camiño das lendas é, tal vez, a máis antiga manifestación literaria e histórica da Humanidade, polo tanto, representa un recurso didáctico moi importante para transmitir na escola o máis fondo do noso xeito de ser.
O traballo que presentamos para o profesorado pretende ser unha axuda no coñecemento, clasificación e interpretación das lendas, xunto a actividades encamiñadas a entender a realidade a partir da tradición e da fantasía das mesmas.
Multidude de lendas aínda están na memoria da nosa xente pola montaña, o val, a chaira e a beiramar e que significan un activo da nosa literatura popular, que se poden manifestar dinámicamente na escola en forma de expresión oral ou escrita.

.........................
10.12.2007
O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular gañador do premio Gourmand 2007 en lingua galega

O libro "O viño, a Viña e a Bodega na Sabedoría Popular" de Edelmiro L. Mateo García foi galardoado co Premio Gourmand 2007, aos mellores libros de cociña e viños do mundo, na categoría "Mejor Libro de Historia del Vino" en galego, e está clasificado para a seguinte Competición Gourmand "El Mejor del Mundo" na que competirán os ganadores de cada país cos ganadores doutros países na mesma categoría.

.........................
23.11.2006
Ir Indo Edicións edita o libro O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular

Coincidindo coa chegada do outono, Ir Indo Edicións aposta novamente polo mundo do viño, cun extraordinario libro no que se recompilan algúns dos mellores artigos, refráns, cancións (con partitura), coplas e ditos relacionados con esta marabillosa bebida, que non só constitúe un elemento imprescindible das nosas mesas e cociñas, senón que forma parte do noso ser galego. Un libro útil, moi económico, e un magnífico agasallo para estas festas de Nadal. Prezo: 30 €
.........................
03.07.2006
Nova obra en Ir Indo Edicións: "Aconteceres" de Bieito Ledo
Ir Indo Edicións ten a ben anunciar o novo tomo da súa colección de Narrativa; unha obra da autoría de Bieito Ledo, editor da casa e prohome egrexio das letras galegas.

Bieito Ledo, director de Ir Indo Edicións, toma por primeira vez a pluma, trastocando o seu papel de editor polo outro lado do mundo literario, presentándonos a súa inédita faceta de escritor. Na súa ópera prima, Ledo desenvolve un conxunto de historias, anécdotas, e livianos contos, dotados dunha lectura sinxela e suave no que se nos mergulla por obra do estilo directo e austero dun escritor sen ínfulas de divo, senón tomando o rol dun contador de historias, oficio vello e nobre do coro tradicional das aldeas galegas. Esta obra cativa recolle diferentes vivencias plasmadas coma un conxunto de narracións sen orde nen estructura, pero cun nexo de unión clave: o punto de vista do autor, que nos presenta as súas reflexións dende a súa experiencia vital, o seu profundo saber, e toda una resabiada visión do mundo, ora en forma de chanza, ora en forma de profunda serenidade.

Novo título de Ir Indo Edicións:

"Aconteceres" de Bieito Ledo

Obra da colección Narrativa

PVP: 8 €
.........................
24.05.2006
Ir Indo, Novos títulos
"O estado e a política en tempos de globalización", de Juan Rial Roade e Carlos Sixirei Paredes, "Pepa" de Amparo Gómez Cuerpo, e "Na Derruba" de Paula Mariño Pazó, son as últimas novidades editoriais de Ir Indo, que pon xa á disposición do público.

Ir Indo Edicións presenta tres novos títulos que se engaden ó seu fondo e que xa están a disposición do público para a súa venda. Trátase de tres publicacións de diferentes coleccións e temáticas, pero que contan co selo de garantía de calidade e interese temática co que avala Ir Indo a todas as súas publicacións.

Da colección O Elefante Contacontos aparece o seu derradeiro título:
"Pepa"
de Amparo Gómez Cuerpo

Pepa é a historia dunha nena que naceu tan cativiña que ten que vivir nunha caixiña á súa medida. Ten medo de saír de alí, e non que re medrar. Pero unha serie de acontecementos fará que a súa vida cambie...

Publicación de narrativa infantil (para rapaces de mais de 5 anos) cunha gran carga pedagóxica, afrontando o sobreproteccionismo paterno, e animando ós nenos a enfrontarse ó seu entorno sen medos e cos seus propios medios e estratexias.

PVP.......8 €

Da colección Narrativa nace:
"Na Derruba"
de Paula Mariño Pazó

Esta obra é unha escolma de relatos onde a autora, cunha mestría de linguaxe e estilo moi orixinais, parte de formas correntes do noso entorno para contar historias actuais, frescas e directas, facendo reflexionar ó lector sobre as moi diferentes temáticas tratadas. O impacto, o estilo veraz e directo, e a cosntrucción narrativa son as principais armas de seducción destas narracións, que enganchan ó lector facéndoo cautivo da ficción na que nos introduce...

PVP........8 €

Da colección A Fraga Universitaria aparece:
" O Estado e a política en tempos de globalización"
de Juan Rial Roade e Carlos Sixirei Paredes

Obra de carácter ensaístico que reraliza un estudio en profundidade dos cambios acontecidos a finais do século pasado e que se recollen no chamado fenómeno da globalización, analizando o seu impacto no mundo da política. Os profundos cambios e as novas formas de comunicación e información están a modificar o panorama político a nivel global. ¿Poden estos cambios variar o actual sentido de estado tal e como hoxe os coñecemos?. ¿Son as entidades supranacionais (coma a UE) ou os movementos separatistas (como o de Montenegro) a solución a ditos caqmbios do entorno?. ¿Cal é o papel da política nun mundo onde a información corre sen trabas e a economía supón o pilar fundamental do modelo social?. Estas e outras preguntas son as que teñen cabida nesta obra, que trata de acotalas e dar resposta a toda a inquedanza que xorde cos profundos cambios que se viven na actualidade.

PVP........15 €

Estas tres obras terán diferentes presentacións a cargo dos autores nas principais cidades galegas, pero xa están a disposición do público tanto en pedidos á propia editorial (telfn: 986 21 12 12) coma nos puntos de venta habituais.
.........................
05.05.2006
"Enrique peinador Lines" e " El ferrocarril en Galicia", novidades editoriales de Ir Indo
Ir Indo saca ó mercado dous novos títulos.

Da súa colección Galegos na Historia publica o que será o triptuaxésimo primeiro tomo: "Enrique Peinador Lines", un título adicado a este empresario que levou ó balneario de Mondariz a ser un centro onde desenvolvían as principais actividades de tipo social, cultural e político do noso país. Como gran promotor da cultura galega, Ir Indo lle rende esta obra biográfica.

"El ferrocarril en Galicia. Pasado, presente, futuro" de Xosé Carlos Fernández Díaz é un riguroso estudio sobre a situación do estratéxico sector do ferrocarril, comenzando cunha amplia perspectiva histórica das súas orixes e evolución en Galicia, ate desembocar nun complexo análise sobre o futuro do sector, as problemáticas presentes, o os plans de desenvolvemento do ferrocarril na nosa comunidade.
.........................
03.04.2006
Finalización da EGU
Ir Indo Edicións comprácese en convidalos á presentación do derradeiro volume da

Enciclopedia Galega Universal

No acto, presidido polo Sr. Presidente da Xunta de Galicia, D. Emilio Pérez Touriño, intervirán o profesor D. Manuel González González, o Presidente da Real Academia Galega, D Xosé ramón Barreiro Fernández, o Alcalde de Santiago de Compostela, D. Xosé Sánchez Bugallo, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), D. Senén Barro Ameneiro, e o propio editor, D. Bieito Ledo Cabido.

Lugar: Salón Nobro do Reitorado - Santiago de Compostela
Día: Xoves, 6 de abril, ás 20:00 horas.

O Acto conta coa colaboración da Fundación Premios da Crítica - Foro Enrique Peinador.

Ao final do evento servirase un viño Terras Gauda.
.........................
24.03.2006
Novidade Editorial
Ir Indo presenta hoxe unha nova entrega da súa serie, Galegos na Historia. "Enrique Peinador Lines. Burgués, empresario, galeguista, mecenas e filántropo" de Fernando Franco e Celia Ameneiro supón a trixésimo-primeira entrega da colección.

A biografía de Peinador (home grande da provincia que deu nome co seu apelido ó aeroporto de Vigo) está chea grandes eventos. Como verdadeiro motor de orixe do nacemento do Gran Hotel-Balneario de Mondariz, así como do nacemento da empresa Augas de Mondariz, tivo un destacado papel na economía e no mundo empresarial galego. Pero tamén destacou, e non pouco, como mecenas da cultura galega e como galeguista militante, sendo un home moi próximo a figuras como Castelao, Cabanillas, Casares Quiroga, Valle-Inclán, ou Antonio Palacios.

Esta nova biografía dun gran home de Galicia mantén en activo e en pleno rendemento a colección galegos na Historia como homenaxe ós persnaxes mais relevantes da economía, da política e da cultura da nosa terra.
.........................
21.02.2006
Cestería de los pueblos de Galicia

Xa está no mercado "Cestería de los Pueblos de Galicia", obra de Carlos Fontanles que recolle todo o saber da cestería artesanal na nosa terra, dende as tradicionais carozas contra a chuiva, ate as cestas de recollida de fungos e castañas, típicamente autóctonas do interior galego.

A obra ven completada cun DVD que recolle unha lección maxistral, a modo de reportaxe, sobre a herdanza da cestería en Galicia, e a actual situación dos cesteiros.

O prezo desta obra é de 60 €.

Esta obra, únese á colección Raigame, o ós títulos publicados por esta casa como "A olería da Terra Cha" e "Los Tejidos", recollendo toda a tradición artesanal e tradicional de Galicia.
.........................
20.11.2005
A Olería da Terra Cha

"A Olería da Terra Cha" , dse Luciano García Alén, é a nova obra editada por Ir Indo no campo da artesanía tradicional galega. Recolle o mundo da olería e cerámica tradicional na comarca luguesa da Terra Cha, con gran variedade de formas, explicacións, métodos e utilizacións tradicionais desta arte centenaria na nosa terra.

Esta nova obra ten un prezo de 60 €.